11F, día da muller e da nena na ciencia

Foron a sombra de homes, estiveron detrás deses "anónimos" cos que se vían obrigadas a asinar e moitos dos seus descubrimentos foron no seu momento anulados polo simple feito de ser quen eran, mulleres.

Hoxe quixemos sumarnos de novo ao recoñecemento das figuras femininas que deixaron e deixan rastro. Desta volta tocounos no ámbito da ciencia.

A biblio encheuse de recunchos onde se expuxeron os póster elaborados polo alumnado de 4º de TIC. Cada unha das mesas supuxo paradas de distintas profesións: biólogas, informáticas, físicas e químicas. Xunto con estas biografías, as nenas e nenos argallaron, facendo e desfacendo, nas actividades relacionadas con cada un dos campos. Entre elas estiveron o análise con lupa microscópica das areas das praias de Cedeira, dos minerais da zona e do volcán Etna (en Sicilia), actividades en papel relacionadas coa programación, o xogo dunha oca de científicas e a visualización en 3D dos órganos do corpo humano a través dunhas tarxetas e dunha camiseta.

Ademais de facer a nosa aportación a este día, quixemos acercar a ciencia ás nenas e nenos, aproveitar as tecnoloxías e facela accesible e dinámica para eles. 

Dicía unha das nenas ao ver todas as nosas referentes: pero todas estas son científicas? E si, houbo científicas, historiadoras, filósofas... foron as pedras que se atoparon no camiño as que entorpeceron a súa historia e recoñecemento.

O lema, o de sempre: calquera nena e neno pode decidir ser o que queira ser.












Comentarios

Entradas populares de este blog

Curta de Cans.

Erasmus Finlandia

A Radio: Entrevista a Chewis e a Ángel Díaz