Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

Algo máis que un marcapáxinas

Imagen
O alumnado de 2º de ESO, instruídos pola súa profe de Tecnoloxía, Puri, argallaron esta marabilla de marcapáxinas. Trátase dun e-textil, elaborado con fieltro, fío conductor, un led adaptado para este tipo de labores, e unha pila de botón de 3V. A través del, estudaron os conceptos básicos dos circuitos eléctricos, aprenderon cales son as etapas do proceso tecnolóxico e a secuencialas e, para algúns, supuxo a súa primeira enfiada. Como a ambición non é pouca, o seu deseño elaborárono ao redor dalgunha achega que fixo unha científica da nosa historia, dándolle o seu nome á súa creación. Xa que no pasado tiveron difícil titular nos seus propios descubrimentos, que menos que lembralas agora que podemos. Os resultados falan por eles mesmos. Cando poñen ganas nótase, e moito!

Evolución do Invernadoiro

Imagen
O traballo dos rapaces xa deu o seu froito, agora só falta ver medrar as sementes. En febreiro de 2020 puxemos a andar un proxecto dos que prometen: o horto escolar, o cal forma parte do noso Argalladoiro.  Ao principio foron os voluntarios da Biblioteca quen o estrearon. Que lle poñen ganas é evidente, só hai que velos traballar! Pasada a pandemia, foron os máis maiores os que se animaron a montar os semilleiros. Como vedes, non teñen problema en manchar as mans. Os que lle puxeron continuidade a este proxecto foron Paulo e o seu alumnado de Voluntariado Escolar de 2º de Bacharelato, no que volcaron toda a súa ilusión e esforzo na construcción deste invernadoiro.  A día de hoxe, estamos á espera de ver agromar e crecer o que cultivamos entre mans.  Deixamos na súa garda, a nosa última incorporación a este proxecto, e ao equipo. Presentámosvos a Lupe. Orgullo de profes!