Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

Curta de Cans.

Co alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacharelato  decidimos poñernos a grabar e botar a andar a imaxinación. Baixo o lema de enxalzar a natureza da costa da nosa terra, quixemos transmitir a través dos cinco sentidos as sensacións e emocións que a paisaxe nos regala cada día. E foi así como nos fixemos co segundo posto no concurso "Senda Litoral" do Festival de Cans. Rematamos este pequeno proxecto con máis orgullo, se cabe, deles, que se animan co que lles poñamos por diante. Vida á palabra, á música e ao saber sentir.

Erasmus Finlandia

Imagen
Dentro do proxecto Erasmus KA229 co que estamos a traballar, desta volta tocounos viaxar ata Finlandia, un dos países referentes polo seu sistema educativo. O alumnado do centro acompañounos para ensinarnos as instalacións do centro. Espazos amplos e abertos, decoración minimalista pero con estantes cheos de materiais de traballo. Entre a diversidade de aulas, sorprendeunos a dedicada á materia de cociña, de costura e de fabricación de bisutería. Na biblio do noso centro traballamos cos rapaces no recreo para a confección de pezas de lá, pero tomamos a idea de poder engadir tamén a elaboración de bisutería, xa que pode resultar moi atractivo para eles e axudar en gran medida a desenvolver a creatividade.  Puidemos mergullarnos tamén dentro das aulas. O silencio, a tranquilidade, a orde, o saber escoitar e o respeto do turno de palabra primaban en cada un dos espazos. Delas recollimos algunha idea para implementar nas nosas aulas, como o emprego dun fío musical, a libre elección para fa

Club de debate

Imagen
A Biblioteca Ecolar e as Equipas de Normalización do Concello de Cedeira veñen de participar no Club de Debate organizado polos Concellos de Cedeira, Negreira, Ames, Dodro, Pontevedra, Santiago e Teo e celebrado en Negreira o día de onte. Temos o enorme pracer de facer saber que o noso equipo, formado por Óscar Bellón, Rita López, Silvia Pedreiro, Aroha Hermida, Martín Fernández e Nerea Sedes obtiveron o 1º PREMIO dotado de 500€ e o pase directo á final. Aínda que finalmente non puido ser, o noso orgullo non pode ser maior. Confiábamos neles, pero sen dúbida que superaron as nosas espectativas. Grazas a Ánxela, que dende o Concello de Cedeira deu o pulo inicial para esta participación. A Quique Vázquez por seguir a darnos impulso. Ao Concello de Cedeira polo soporte a esta fermosa iniciativa. E sobre todo, grazas a Álvaro Cabanas polo seu esforzo. Sen el, isto non sería posible. Grazas a todos, e parabéns a este equipo de 4º de ESO que fixeron da palabra un trunfo!!!