Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2021

Erasmus Gales

Imagen
Iniciamos, por fin, as nosas viaxes aos centros cos que traballamos neste proxecto Erasmus+ KA229. A primeira é a Gales, o centro coordinador deste proxecto. Alí puidemos ver as distintas instalacións do centro, como a biblioteca e as aulas ordinarias. Adentrámonos nas aulas para apreciar o comportamento dos alumnos durante as clases. O respeto entre alumno e profesor e o turno de palabra foi algo que se mantivo durante todas elas. Viaxes para manter as metodoloxías vivas nas aulas.

Novembro. Més da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Imagen
Vimos de pasar unha semana prodixiosa na biblioteca. Quen foron os artífices de tal prodixio? Pois os alumnos da ESO e a FP Básica e, por suposto, Puri Trinquete, Sonia García Gesto, Mario Sousa e Áurea Parcero. Coa inestimable colaboración do alumnado de 4º de ESO que exerceron de docentes de alumnos e tamén de docentes e de Ismael Castiñeira que acompañou no percorrido aos seus alumnos de FP Básica. Unha proposta dos departamentos de Ciencias e Tecnoloxía que deu como resultado un roteiro divertido no que todos aprendemos moito. Isto foi todo o que tivemos oportunidade de aprender estes días: Cromatografía das follas de outono Construción dun arco de medio punto Programación con Makey Makey E-téxtiles: marcapáxinas de mulleres científicas Realizade virtual e aumentada Puzzle: As científicas que foron Plastilina condutora Quen dá máis? Grazas! Os proxectos colaborativos son un éxito asegurado. Bibliotecas vivas!!

LÓVA 2021/22

Imagen
Novo curso e nova compañía! Presentamos aos alumnos de 4º de ESO que este ano desenvolverán o novo proxecto LÓVA. Con todas as dificultades, aí estamos un ano máis. Arrancamos. Quen dixo medo?