Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019

A Radio: Contra a violencia. 25N.

Imagen
A radio é un dos nosos recunchos onde o alumnado pode expresarse e manifestarse nun espazo distinto ao das aulas e con recursos diferentes aos empregados na rutina que os envolve. O 25 de novembro adoita ser unha data especial para nós. Este curso, estreámonos cos alumnos de Radio Escolar de 1º de ESO. Esta nova materia, de libre configuración de centro, promete. Hoxe presentamos dous programas: un noticiario e microrrelatos que escribiron os alumnos de 4º de ESO e locutan os de primeiro. Benvidos á Onda Discalza!

25N - Contra a violencia de xénero

Imagen
O compromiso da biblioteca coa visibilización do día contra a violencia de xénero é inesgotable. Para a conmemoración do día de hoxe, asistimos a un teatro sobre a violencia de xénero e organizamos pequenas intervencións co alumnado. O teatro leva por título "O día que as mulleres gobernen o mundo todo será millor". Foi levada a cabo pola compañía Chévere teatro e dirixida ao alumnado de 3º, 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. En canto ao traballado co alumnado, fixemos unha cadea humana e un concerto na entrada do instituto.  Algunhas rapazas e rapaces fixeron música e outras acercáronnos a historias de mulleres, desas que deberían estar prohibidas. Para pechar o día, entre todo o alumnado fixemos unha cadea humana. Sinais de que estamos unidos nisto.

Més da ciencia: Hoxe vai de himenópteros

Imagen
Novembro é o més da ciencia nas Bibliotecas. Nesta ocasión, Eva, dende a materia de Bioloxía, montou esta exposición cos seus alumnos de 2º de Bacharelato baixo o título: "Hoxe vai de himenópteros".  Non podemos deixar de sorprendernos e aprender. Velutinas, abellas, a esfinxe da caveira, panais... Pasade e mirade!