Erasmus Finlandia

Dentro do proxecto Erasmus KA229 co que estamos a traballar, desta volta tocounos viaxar ata Finlandia, un dos países referentes polo seu sistema educativo.

O alumnado do centro acompañounos para ensinarnos as instalacións do centro. Espazos amplos e abertos, decoración minimalista pero con estantes cheos de materiais de traballo.

Entre a diversidade de aulas, sorprendeunos a dedicada á materia de cociña, de costura e de fabricación de bisutería. Na biblio do noso centro traballamos cos rapaces no recreo para a confección de pezas de lá, pero tomamos a idea de poder engadir tamén a elaboración de bisutería, xa que pode resultar moi atractivo para eles e axudar en gran medida a desenvolver a creatividade. 

Puidemos mergullarnos tamén dentro das aulas. O silencio, a tranquilidade, a orde, o saber escoitar e o respeto do turno de palabra primaban en cada un dos espazos. Delas recollimos algunha idea para implementar nas nosas aulas, como o emprego dun fío musical, a libre elección para facer proxectos (costura, calceta, traballos con madeira e metal, retratos) adaptándoo ás capacidades de cada alumnado e os espazos cheos de exposicións de todos os productos do alumnado, sen ningunha diferenciación en canto ao seu logro.

Abrirnos ao mundo e aprender deles, de outros profes, da rapazada e doutro sistema. Porque aínda que hai ámbitos aos que non podemos chegar, a nivel persoal podemos mellorar o noso impacto. Cambiar metodoloxías para seguir avanzando.









Comentarios

Entradas populares de este blog

Curta de Cans.

A Radio: Entrevista a Chewis e a Ángel Díaz