Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2022

Día de Rosalía

Imagen
Chegou un dos días do ano máis importantes para nós: o 23 de febreiro, o día de Rosalía. Camelias, poemas, podcast de radio e creatividade na conmemoración de Rosalía de Castro, a gran precursora do Rexurdimento galego. Un agasallo por parte dos alumnos de Radio Escolar de 1º de ESO, alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato. Aquí vos deixamos os dous podcast nos que facemos guiño a este día. Un percorrido pola obra e vida de Rosalía. https://go.ivoox.com/sq/1475254 Grazas a todos por participar na iniciativa. Que sería das Bibliotecas Escolares sen alumnos voluntarios? Desfrutade a Rosalía, celebrade, lede poesía e cantade. E sempre, compartide. Feliz día de Rosalía

O club da calceta

Imagen
Este ano propuxémonos vestir aos nosos árbores, si non lestes mal. Pero non todo é o fin, senón que é no proceso cando as cousas collen o seu valor.  T empo, paciencia e cariño foi o que se lle adicou a cada unha das labores de calceta e ganchillo nos nosos recreos e ratos libres, profes e alumnado.  Rememorar tempos atrás, nos que tantas horas pasaban as mulleres entre agullas para as "roupas" da súa xente. Foron os voluntarios da biblioteca os que colocaron cada un dos retais nas árbores.  Un traballo máis que facemos conxunto, abranguendo á comunidade. Equipo e traballo.

11F, día da muller e da nena na ciencia

Imagen
Foron a sombra de homes, estiveron detrás deses "anónimos" cos que se vían obrigadas a asinar e moitos dos seus descubrimentos foron no seu momento anulados polo simple feito de ser quen eran, mulleres. Hoxe quixemos sumarnos de novo ao recoñecemento das figuras femininas que deixaron e deixan rastro. Desta volta tocounos no ámbito da ciencia. A biblio encheuse de recunchos onde se expuxeron os póster elaborados polo alumnado de 4º de TIC. Cada unha das mesas supuxo paradas de distintas profesións: biólogas, informáticas, físicas e químicas. Xunto con estas biografías, as nenas e nenos argallaron, facendo e desfacendo, nas actividades relacionadas con cada un dos campos. Entre elas estiveron o análise con lupa microscópica das areas das praias de Cedeira, dos minerais da zona e do volcán Etna (en Sicilia), actividades en papel relacionadas coa programación, o xogo dunha oca de científicas e a visualización en 3D dos órganos do corpo humano a través dunhas tarxetas e dunha cam