Entradas

Mostrando entradas de junio, 2021

Xoves Musicais 2019/20

Imagen
Os Xoves musicais quedaron inaugurados na BE a inicios do curso 2019. Dende aquela, os recreos dos xoves son outro cantar. Calquera que o desexe, pode recitar un poema, cantar, ler un conto... Contará sempre con acompañamento musical. Música en Cedeira hai moita, e da boa. Como moitos dos proxectos e actividades, esta iniciativa tamén foi unha das que tivo que facer parón durante e despois do confinamento. Ansiosos estamos de poder volver oír música os xoves. Aquí vos deixamos algunhas mostras. Voluntarios a presas! Quedades convidados! Conmemoración do 25N. 25/11/19 19/12/19 23/01/20 Icía, alumna de 2º da ESO, collendo trazas de súa tía, Guadi Galego. 14/02/20

A Radio: A casa azul.

Imagen
Rematando o curso, esta é unha proposta que naceu da paixón dos alumnos polos contos de misterio. Quen mellor que Agustín Fernández Paz para dar acollemento a esa paixón. `A casa azul´ é un relato que forma parte de `A neve interminable´. A adaptación do texto para a súa locución correu a cargo de Paulo Vicente. Radio e misterio Radio inclusiva A casa azul

LÓVA 2019/21

Imagen
Contando cun equipo de profes dispostos a darlle unha visión diferente á súa materia, dispostos a innovar para potenciar as capacidades dos alumnos e facelos medrar, atrevémonos a inmerxirnos en LÓVA (La Ópera como Vehículo de Aprendizaje). LÓVA é un proxecto no que o alumnado traballa ao longo dun curso para crear a súa propia ópera, expoñendo esta a final de curso. Trátase dun traballo por proxectos que nós implementamos en 4º de ESO, contando co traballo de moitos departamentos didácticos. Forman parte de LÓVA o departamento de Lingua Galega, Filosofía, Matemáticas, Música e Francés e a colaboración dos de Bioloxía, Electricidade, Tecnoloxía e Lingua Castelá. En todas as materias vinculadas aos departamentos que forman parte do proxecto, empregarase metodoloxía LÓVA, onde se fomenta a creatividade, autonomía, as emocións e onde os alumnos serán quen de aprender facendo e compartindo. Todo isto dende a Biblioteca Escolar como plataforma, como fogar, como lugar para medrar, como espaz