Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

A Radio: Día de Rosalía

Imagen
Dende a Biblioteca do IES Punta Candieira, queremos dar a benvida a todos os nosos novos radiooíntes de Onda Discalza, a emisora de radio que nace ao abeiro do programa Radio na Biblio. Non deixedes de seguirnos porque os alumnos forman un equipo estupendo. O Día de Rosalía foi a nosa estrea. Invítovos a que escoitedes os programas que se gravaron ese día tan especial para nós. Seguiresmo aí! Podedes escoitarnos en iVoox, na Canle de Onda Discalza, mesmo podedes descargar a aplicación nos vosos móbiles para facer un seguimento puntual. Deixámosvos os enlaces aos programas. Ata o próximo programa, agardamos que vos guste. Presentación Primeiro programa da emisora coa benvida de todos os que fan posible a Onda Discalza. Entrevista con Guadi Galego Este é o segundo dos programas emitidos na primeira emisión da Onda Discalza, para conmemorar o Día de Rosalía. Contamos con Guadi Galego para poñer en valor o papel da radio na educación e o da muller na música. Entrevista a Anxo Angueira O Dí

A Radio: Presentámonos!

Imagen
Comezamos na Radio presentándovos o equipo. De primeiras, queremos ensinarvos o logo que ten de protagonista á nosa fareira. Acompañaranos nesta aventura tan longa que nos espera neste gran mundo da radio. En canto ao equipo, estes que aquí vedes son os locutores, técnicos, blogueiros e documentalistas da Onda Discalza. Alumnos de todos os cursos da ESO, aos que hai que agradecer a súa adicación e sobre todo o seu entusiasmo. Grazas en nome da Biblioteca Escolar e de toda a comunidade educativa! Sen vos, isto non ten futuro!

A Radio: Formación e máis formación

Imagen
O 4 de marzo deste curso (2018-19) recibimos a nova de que estamos dentro dos centros que se incorporan ao programa Radio na Biblio.  Como todo emprendemento, precisábamos dunha boa formación para poder arrancar cos micros. Como para iso non temos problema, enredámonos o que puidemos e a quen se deixou. Aquí van algunhas mostras da nosa implicación. Formación CFR O 5 de febreiro estivemos no CFR de Ferrol aprendendo e desfrutando das posibilidades didácticas da radio na escola. Formación con Luis Pardo! Aquí andamos, de obras, formación, ensaios, máis formación... Estamos moi ilusionados e, para celebrar ben as cousas, decidimos comezar as nosas emisións mañá, o día 25 de febreiro.  Non podería ser mellor data, pois conmemoramos o Día de Rosalía. A ela van estar dedicados todos os nosos programas. En toda esta aventura, non queremos deixar de agradecer a Luis Pardo a súa inestimable axuda, o seu ánimo, a súa profesionalidade e a capacidade de engaiolar non só coa voz, senón tamén coa s