O Argalladoiro

Este curso quedaron moitos proxectos sen rematar, outros perdéronse por non poder imaxinalos e moitos renacerán das cinzas.

Hoxe, 5 de xuño, é o Día Mundial do Medio Ambiente e nós tiñamos un proxecto... Un proxecto para coidar e aprender.

Aquí unha mostra dos espazos que creamos para eses proxectos e para os alumnos. Presentamos o noso Argalladoiro, un curruncho da biblio para crear e soster. Nel dispoñemos de materiais para poder facer papel reciclado, para coidar prantas, para coser, cortar, pegar, debuxar, pintar... como ben fai entender o nome, para argallar, fedellar e aprender facendo.

Feliz Día do Medio Ambiente!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Curta de Cans.

Erasmus Finlandia

A Radio: Entrevista a Chewis e a Ángel Díaz