Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

A Radio sen Radio: balance fin de curso

Imagen
Rematando o curso e facendo balance. Adoitamos facer enquisas todos os anos para saber que pensan os nosos alumnos da biblioteca, da radio, do argalladoiro... de todos os espazos que son a Biblioteca Escolar e dos proxectos que tivemos e temos en marcha, facendo fincapé este curso, no programa Erasmus no que andamos metidos. Este ano, non fixemos enquisas ao modo tradicional, pero sempre hai alternativas. Os alumnos de Radio Escolar traballaron na corentena de forma ben creativa. Esta é a súa opinión sobre a materia de Radio Escolar, que cursaron por primeira vez e sobre a Onda Discalza. Parabéns para elas! Agardámolos diante dos micros!! Dentro vídeo!!

A Radio sen Radio: A Biblioteca é...

Imagen
A falta de presencialidade, explotamos as tecnoloxías, vendo e oíndonos a través da pantalla. Fáltannos os nosos micros, o noso espazo... fáltanos a nosa Radio. Pero os nosos alumnos seguen aí, e nós con ganas, moitas, de escoitalos e velos. Escoitade aquí o que pensan os nosos alumnos da biblio. Os nosos parabéns e agradecementos por compartir con nós as súas querencias, opinións e imaxinación. Grazas!!

Proxecto Intercentros: Patrimonio Inmaterial

Imagen
Vimos de traballar cos alumnos do CEIP "Nicolás del Río" en anos anteriores nesos proxectos dos que merecen a pena. Este ano, os Vagalumes xa están en 4º de primaria e o novo proxecto desenvólvese cos alumnos de 1º de Bacharelato de Antropoloxía e de Cultura Científica. Adentrámonos desta vez no estudo do patrimonio inmaterial da Vila. Aínda que, por mor da pandemia, non todo empezou como pretendíamos rematar, soubemos arranxarnos para poñerlle un fin e pechalo como ben se merecía.  A primeira xuntanza foi o 6 de novembro de 2019. A través dun xogo de avatares e autorretratos debuxados, os alumnos presentáronse e xogaron a recoñecerse. Unha semana máis tarde, fixemos a nosa primeira toma de contacto coa Capelada, este fermoso espazo que aínda nos ten tanto que amosar, e do que temos moito que aprender. Unha incomparable aprendizaxe a de Fran Canosa e Jorge Bellón. Despois da presentación, esta é a nosa primeira viaxe xuntos. En febreiro de 2020, volvimos para estudala máis a

O Argalladoiro na casa: Plásticos biodegradables

Imagen
Nesta fase do estado de alarma, non quedou outra que facer traballar aos rapaces na casa. Con elo, levamos o Argalladoiro á casa facendo das nosas cociñas un taller de tecnoloxía.  Conmemorando o Día Mundial do Medioambiente co alumnado de 3º de ESO, tiveron como tarefa fabricar un bioplástico. Para elo empregaron maizena, vinagre e auga.  Son o futuro, a rapazada e o bioplástico!

O Argalladoiro

Imagen
Este curso quedaron moitos proxectos sen rematar, outros perdéronse por non poder imaxinalos e moitos renacerán das cinzas. Hoxe, 5 de xuño, é o Día Mundial do Medio Ambiente e nós tiñamos un proxecto... Un proxecto para coidar e aprender. Aquí unha mostra dos espazos que creamos para eses proxectos e para os alumnos. Presentamos o noso Argalladoiro, un curruncho da biblio para crear e soster. Nel dispoñemos de materiais para poder facer papel reciclado, para coidar prantas, para coser, cortar, pegar, debuxar, pintar... como ben fai entender o nome, para argallar, fedellar e aprender facendo. Feliz Día do Medio Ambiente!!