LÓVA 2019/21

Contando cun equipo de profes dispostos a darlle unha visión diferente á súa materia, dispostos a innovar para potenciar as capacidades dos alumnos e facelos medrar, atrevémonos a inmerxirnos en LÓVA (La Ópera como Vehículo de Aprendizaje).

LÓVA é un proxecto no que o alumnado traballa ao longo dun curso para crear a súa propia ópera, expoñendo esta a final de curso. Trátase dun traballo por proxectos que nós implementamos en 4º de ESO, contando co traballo de moitos departamentos didácticos. Forman parte de LÓVA o departamento de Lingua Galega, Filosofía, Matemáticas, Música e Francés e a colaboración dos de Bioloxía, Electricidade, Tecnoloxía e Lingua Castelá. En todas as materias vinculadas aos departamentos que forman parte do proxecto, empregarase metodoloxía LÓVA, onde se fomenta a creatividade, autonomía, as emocións e onde os alumnos serán quen de aprender facendo e compartindo. Todo isto dende a Biblioteca Escolar como plataforma, como fogar, como lugar para medrar, como espazo para incluír.

Nesta ocasión temos que presentar unha compañía que perdurou dous anos na construcción do proxecto. A pandemia paralizaou o traballo a mediados de marzo, e non foi posible chegar a rematar nin estrear a nosa ópera. Por elo, retomamos no curso 20-21 e cos mesmos alumnos, o camiño onde o deixáramos. 

Aquí vai a cronoloxía do noso proxecto. 

Esta é a compañía de ópera LÓVA. Alumnos de 4º de ESO dos que iremos sabendo deles ao longo do curso. Medrarán como persoas.


Somos noticia! Dende o diario de Ferrol fannos ver, a nós e ao noso empeño nesta andaina. 

La ópera se cuela este curso en las aulas de nueve centros de la comarca de la mano del proyecto LÓVA

Los institutos Sofía Casanova y Punta Candieira de Cedeira son los únicos participantes de Galicia en ESO


En ocasións, as cadradas da vida fan que atopes persoas xenerosas. Unha comida na Taberna do Puntal antes dunha tarde de traballo na biblio, nun día que chovía arreo, escoitamos cantar a alguén. Cantaba ópera. Mellor non puido encaixar para presentárllela aos rapaces do noso proxecto LÓVA.

A Biblioteca Escolar Punta Candieira quere agradecer o entusiasmo, a colaboración e a xenerosidade de Charlotte Akenhead por compartir con nós a súa voz e o noso espazo.

Aquí vai unha mostra do que foi a biblio para os nosos alumnos de 4º de ESO aquel día. Grazas!!



Rematando unha mañá, e non calquera, repartímoslles as profesións aos rapaces. 
A biblio que se encheu de alegría!





Como todos os anos, tocou poñerlle nome e logo á nosa compañía.
Este é o da Compañía de Ópera IMETERNE. Con profundo significado, igual que o seu nome.
Agora toca levalo adiante, o sentido!


Aquí deixamos mostra da implicación que os rapaces mostran cada día que traballamos en e para LÓVA. Cada un na súa profesión. 
Ganas e ilusión!






Nunca está demáis alimentarnos de quen sabe ben e moito. Nunha destas, Quique veunos visitar para orientarnos no noso aínda longo camiño da interpretación.
Mil grazas Quique por este día de progreso!



E ata aquí puido chegar o noso traballo neste curso 2019-20. A pesar do parón da pandemia, as nosas ganas foron, se cadra, aínda maiores cando puidemos retomar o noso traballo en decembro.
Uns facendo música e outros reunidos, que argallarán?



Con moita organización por diante, pero con unha cousa segura, pois non nos cabe dúbida de que o noso vestiario vai a quedar chulísimo. Para isto temos mans á obra aos figurinistas e ós directores de producción.
Ánimo!!



Hai días de traballo máis duro que outros. Hoxe é un dos que os nosos maravillosos escenógrafos teñen que poñer todos os sentidos para facer posible en xuño a nosa espectacular ópera. O camiño estase facendo difícil, fundamentalmente pola situación covid, que non para de poñernos trabas. Pero, como sempre, podemos con todo!


Imos chegando á data da estrea. As distintas profesións están ultimando os seus traballos.
Queda menos!


Por fin temos rematado o libreto, feito polos traballadorísimos escritores da compañía Imeterne.
Esta é a portada que os Relacións Públicas deseñaron para o noso libreto.
Espectacular!!


E chegamos ao fin, ao fin deste proxecto, pero esperando que o aprendido perdure nestes rapaces para sempre.
Aquí vai un pequeno anaco desa representación que deu luz e visibilidade a todo o traballo.

Con LÓVA, médrase!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Curta de Cans.

Erasmus Finlandia

A Radio: Entrevista a Chewis e a Ángel Díaz