A Senda dos Faros

Pois disto que temos no equipo da biblio a alguén que morre polos faros e non se lle ocorreu máis que embarcarse nun proxecto que promete, promete moito. Nisto se enredou Silvia, a profe de lingua castelá, xunto cos alumnos de 1º de Bacharelato.

Partimos a nosa andaina no Museo dos Mares de Cedeira. Documentamos o proxecto da man Jose de Vigo, quen nos contou moitas particularidades da Vila, dos mares e dos mariñeiros. 


Noutra destas, tivemos a gran sorte de que o avó dun dos alumnos que forma parte deste fermoso proxecto, Álvaro, viñera falarnos da súa historia como fillo do fareiro da Candieira, ese faro que é para nós un referente. Viviu no faro nos anos 50 e lembra o momento no que empezou a alumear a súa lanterna. Con moita ironía, compartiu con nós as lembranzas dunha época que xa non existe, aquela na que os faros non estaban automatizados e os fareiros eran os señores da luz.
Grazas a José Piñón, por aprendernos sobre os faros e sobre a vida!!


En busca das mellores vistas para plasmar, recorreron os nosos rapaces, "Percebiños producións", a costa de Ortigueira e Cedeira. Cabo Ortegal, Bares, Herbeira e Sarridal.
Este é un recoñecemento para o equipo de documentación e produción deste proxecto, que medra e agroma grazas a estes alumnos de 1º de Bacharelato que fixeron xornada de traballo sen queixarse.
Aí van as imaxes!





Comentarios

Entradas populares de este blog

Curta de Cans.

Erasmus Finlandia

A Radio: Entrevista a Chewis e a Ángel Díaz