Proxecto Intercentros: Patrimonio Inmaterial

Vimos de traballar cos alumnos do CEIP "Nicolás del Río" en anos anteriores nesos proxectos dos que merecen a pena.
Este ano, os Vagalumes xa están en 4º de primaria e o novo proxecto desenvólvese cos alumnos de 1º de Bacharelato de Antropoloxía e de Cultura Científica. Adentrámonos desta vez no estudo do patrimonio inmaterial da Vila. Aínda que, por mor da pandemia, non todo empezou como pretendíamos rematar, soubemos arranxarnos para poñerlle un fin e pechalo como ben se merecía. 
A primeira xuntanza foi o 6 de novembro de 2019. A través dun xogo de avatares e autorretratos debuxados, os alumnos presentáronse e xogaron a recoñecerse.



Unha semana máis tarde, fixemos a nosa primeira toma de contacto coa Capelada, este fermoso espazo que aínda nos ten tanto que amosar, e do que temos moito que aprender. Unha incomparable aprendizaxe a de Fran Canosa e Jorge Bellón. Despois da presentación, esta é a nosa primeira viaxe xuntos.




En febreiro de 2020, volvimos para estudala máis a fondo. Antes de adentrarnos de novo na naturaleza aprendemos sobre pegadas e rastros da man de Andrés Toxeiro, profe do instituto e bo coñecedor da naturaleza da zona. No cole, levouse a cabo unha sesión paralela cos Vagalumes.


Feito isto, subimos á Capelada, onde Andrés Toxeiro nos ensinou tanto sobre pratrimonio inmaterial e natural. Dende a Capelada, ese tesouro tan préto de nós. Deixámosvos aquí a noticia que o fai ver e unha pequena mostra fotográfica do que os nosos "rastrexadores" viron e aprenderon. Xabarríns, teixos, corzos, raposos e lobos. Rodadas e pegadas humanas. O que o ollo non ve se non sabe.
Grande riqueza, aquí ao lado da casa. Patrimonio!



Sen querelo, chegou o que todos non esperábamos: a pandemia. Ata de aquela, os alumnos estaban a traballar de arreo. Como sempre, arreglámonolas como puidemos para poder darlle saída. 
Argallamos en algo que puidésemos facer dende a casa e que mellor oportunidade para aprender dos que máis saben: as avoas e os avós.
Abrimos colaboración a toda a comunidade educativa, pois xuntos podemos crear máis e mellor. 
Tratouse de poñer unha palabra propia da nosa vila e explicar o que significaba. Os nosos Vagalumes foron quen recolleron as aportacións, creando memoria colectiva.
Esta é unha das concrecións do Traballo por proxectos Intercentros que levamos adiante no confinamento.
Palabras para medrar!


E finalmente, aquí vos presentamos o resumo do que os Vagalumes de 4º do CEIP Nicolás del Río e os alumnos de Antropoloxía de CUCI do IES Punta Candieira, estiveron a facer este curso.
Non todo foi doado pola situación, pero agromou a semente a pesares das circunstancias.
Todo isto foi posible grazas ás Bibliotecas Escolares da Vila de Cedeira, aos alumnos, ás familias e a Eva M. Durán Bereijo, Dulce Carro Etcheparre, Fran Canosa, Andrés Toxeiro, Jorge Bellón e á incomparable contorna da Vila que nos ofrece un tesouro inmaterial inesgotable.
A todos, grazas!
De hoxe nun ano!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Curta de Cans.

Erasmus Finlandia

A Radio: Entrevista a Chewis e a Ángel Díaz