Club de debate

A Biblioteca Ecolar e as Equipas de Normalización do Concello de Cedeira veñen de participar no Club de Debate organizado polos Concellos de Cedeira, Negreira, Ames, Dodro, Pontevedra, Santiago e Teo e celebrado en Negreira o día de onte.

Temos o enorme pracer de facer saber que o noso equipo, formado por Óscar Bellón, Rita López, Silvia Pedreiro, Aroha Hermida, Martín Fernández e Nerea Sedes obtiveron o 1º PREMIO dotado de 500€ e o pase directo á final. Aínda que finalmente non puido ser, o noso orgullo non pode ser maior. Confiábamos neles, pero sen dúbida que superaron as nosas espectativas.
Grazas a Ánxela, que dende o Concello de Cedeira deu o pulo inicial para esta participación. A Quique Vázquez por seguir a darnos impulso. Ao Concello de Cedeira polo soporte a esta fermosa iniciativa. E sobre todo, grazas a Álvaro Cabanas polo seu esforzo. Sen el, isto non sería posible.

Grazas a todos, e
parabéns
a este equipo de 4º de ESO que fixeron da palabra un trunfo!!!







Comentarios

Entradas populares de este blog

Curta de Cans.

Erasmus Finlandia

A Radio: Entrevista a Chewis e a Ángel Díaz