Día de Rosalía
Chegou un dos días do ano máis importantes para nós: o 23 de febreiro, o día de Rosalía.
Camelias, poemas, podcast de radio e creatividade na conmemoración de Rosalía de Castro, a gran precursora do Rexurdimento galego.
Un agasallo por parte dos alumnos de Radio Escolar de 1º de ESO, alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato. 
Aquí vos deixamos os dous podcast nos que facemos guiño a este día. Un percorrido pola obra e vida de Rosalía.
Grazas a todos por participar na iniciativa. 
Que sería das Bibliotecas Escolares sen alumnos voluntarios?
Desfrutade a Rosalía, celebrade, lede poesía e cantade. 
E sempre, compartide.
Feliz día de Rosalía
Comentarios
Publicar un comentario