Novembro. Més da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
Vimos de pasar unha semana prodixiosa na biblioteca. Quen foron os artífices de tal prodixio? Pois os alumnos da ESO e a FP Básica e, por suposto, Puri Trinquete, Sonia García Gesto, Mario Sousa e Áurea Parcero. Coa inestimable colaboración do alumnado de 4º de ESO que exerceron de docentes de alumnos e tamén de docentes e de Ismael Castiñeira que acompañou no percorrido aos seus alumnos de FP Básica.
Unha proposta dos departamentos de Ciencias e Tecnoloxía que deu como resultado un roteiro divertido no que todos aprendemos moito. Isto foi todo o que tivemos oportunidade de aprender estes días:
- Cromatografía das follas de outono
 - Construción dun arco de medio punto
 - Programación con Makey Makey
 - E-téxtiles: marcapáxinas de mulleres científicas
 - Realizade virtual e aumentada
 - Puzzle: As científicas que foron
 - Plastilina condutora
 
Quen dá máis?
Grazas! Os proxectos colaborativos son un éxito asegurado.
Bibliotecas vivas!!
Comentarios
Publicar un comentario