Evolución do Invernadoiro

O traballo dos rapaces xa deu o seu froito, agora só falta ver medrar as sementes.

En febreiro de 2020 puxemos a andar un proxecto dos que prometen: o horto escolar, o cal forma parte do noso Argalladoiro. 

Ao principio foron os voluntarios da Biblioteca quen o estrearon. Que lle poñen ganas é evidente, só hai que velos traballar!

Pasada a pandemia, foron os máis maiores os que se animaron a montar os semilleiros. Como vedes, non teñen problema en manchar as mans.

Os que lle puxeron continuidade a este proxecto foron Paulo e o seu alumnado de Voluntariado Escolar de 2º de Bacharelato, no que volcaron toda a súa ilusión e esforzo na construcción deste invernadoiro. 


A día de hoxe, estamos á espera de ver agromar e crecer o que cultivamos entre mans. 


Deixamos na súa garda, a nosa última incorporación a este proxecto, e ao equipo. Presentámosvos a Lupe.
Orgullo de profes!




Comentarios

Entradas populares de este blog

Curta de Cans.

Erasmus Finlandia

A Radio: Entrevista a Chewis e a Ángel Díaz