Algo máis que un marcapáxinas

O alumnado de 2º de ESO, instruídos pola súa profe de Tecnoloxía, Puri, argallaron esta marabilla de marcapáxinas. Trátase dun e-textil, elaborado con fieltro, fío conductor, un led adaptado para este tipo de labores, e unha pila de botón de 3V.

A través del, estudaron os conceptos básicos dos circuitos eléctricos, aprenderon cales son as etapas do proceso tecnolóxico e a secuencialas e, para algúns, supuxo a súa primeira enfiada.

Como a ambición non é pouca, o seu deseño elaborárono ao redor dalgunha achega que fixo unha científica da nosa historia, dándolle o seu nome á súa creación. Xa que no pasado tiveron difícil titular nos seus propios descubrimentos, que menos que lembralas agora que podemos.

Os resultados falan por eles mesmos. Cando poñen ganas nótase, e moito!




Comentarios

Entradas populares de este blog

Curta de Cans.

Erasmus Finlandia

A Radio: Entrevista a Chewis e a Ángel Díaz