Xoves Musicais 2019/20

Os Xoves musicais quedaron inaugurados na BE a inicios do curso 2019. Dende aquela, os recreos dos xoves son outro cantar.

Calquera que o desexe, pode recitar un poema, cantar, ler un conto... Contará sempre con acompañamento musical. Música en Cedeira hai moita, e da boa.

Como moitos dos proxectos e actividades, esta iniciativa tamén foi unha das que tivo que facer parón durante e despois do confinamento. Ansiosos estamos de poder volver oír música os xoves.

Aquí vos deixamos algunhas mostras. Voluntarios a presas!

Quedades convidados!


Conmemoración do 25N. 25/11/19


19/12/19


23/01/20


Icía, alumna de 2º da ESO, collendo trazas de súa tía, Guadi Galego. 14/02/20


Comentarios

Entradas populares de este blog

Curta de Cans.

Erasmus Finlandia

A Radio: Entrevista a Chewis e a Ángel Díaz