A Radio: Formación e máis formación

O 4 de marzo deste curso (2018-19) recibimos a nova de que estamos dentro dos centros que se incorporan ao programa Radio na Biblio. 

Como todo emprendemento, precisábamos dunha boa formación para poder arrancar cos micros. Como para iso non temos problema, enredámonos o que puidemos e a quen se deixou.

Aquí van algunhas mostras da nosa implicación.


Formación CFR

O 5 de febreiro estivemos no CFR de Ferrol aprendendo e desfrutando das posibilidades didácticas da radio na escola.


Formación con Luis Pardo!

Aquí andamos, de obras, formación, ensaios, máis formación...

Estamos moi ilusionados e, para celebrar ben as cousas, decidimos comezar as nosas emisións mañá, o día 25 de febreiro. Non podería ser mellor data, pois conmemoramos o Día de Rosalía. A ela van estar dedicados todos os nosos programas.

En toda esta aventura, non queremos deixar de agradecer a Luis Pardo a súa inestimable axuda, o seu ánimo, a súa profesionalidade e a capacidade de engaiolar non só coa voz, senón tamén coa súa maneira de ser. Quedamos encantados e aprendimos moitísimo.

Aquí quedan as fotos de todo este periplo que mañá tomará forma en Onda Discalza!








E o que nos queda!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Curta de Cans.

Erasmus Finlandia

A Radio: Entrevista a Chewis e a Ángel Díaz