A Radio: Día de Rosalía

Dende a Biblioteca do IES Punta Candieira, queremos dar a benvida a todos os nosos novos radiooíntes de Onda Discalza, a emisora de radio que nace ao abeiro do programa Radio na Biblio. Non deixedes de seguirnos porque os alumnos forman un equipo estupendo. O Día de Rosalía foi a nosa estrea. Invítovos a que escoitedes os programas que se gravaron ese día tan especial para nós.

Seguiresmo aí!

Podedes escoitarnos en iVoox, na Canle de Onda Discalza, mesmo podedes descargar a aplicación nos vosos móbiles para facer un seguimento puntual. Deixámosvos os enlaces aos programas.

Ata o próximo programa, agardamos que vos guste.


Presentación

Primeiro programa da emisora coa benvida de todos os que fan posible a Onda Discalza.


Entrevista con Guadi Galego

Este é o segundo dos programas emitidos na primeira emisión da Onda Discalza, para conmemorar o Día de Rosalía. Contamos con Guadi Galego para poñer en valor o papel da radio na educación e o da muller na música.


Entrevista a Anxo Angueira

O Día de Rosalía, os colaboradores da Onda Discalza, realizaron unha entrevista a través do teléfono con Anxo Angueira, Presidente da Fundación Rosalía de Castro.


Teatralización

O Día de Rosalía, os colaboradores da Onda Discalza crearon e locutaron unha teatralización cunhas protagonistas moi especiais.


Silencio

Homenaxe a Rosalía, cun poema de "Follas Novas", Silencio. Cantado polos alumnos de 2º de bacharelato, presentado polos locutores da Onda Discalza. Con música de Paulo Vicente.



Un agasallo!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Curta de Cans.

Erasmus Finlandia

A Radio: Entrevista a Chewis e a Ángel Díaz